Primeiras Xornadas de xénero, arqueoloxía e patrimonio en Galicia
O Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolleu a primeira sesión (25 de setembro) das “I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio en Galicia”. A segunda sesión (26 de setembro) realizouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Estas xornadas, que contan coa financiación da rede CONSILIENCIA, están organizadas por Celtia Rodríguez, Andrea Mouriño, Elvira Mangas, Noemi Álvarez, Laura Blanco, Lorena Barreiro, Verónica del Río e Fátima Sánchez, todas elas membros da Asociación galega “ARQFEM: Arqueoloxía Feminista”. Asemade, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega, o Consello Galego de Museos e de grupos de Investigación das diferentes Universidades Galegas como son “SÍNCRISIS: Investigación en Formas Culturais”, “EcoPast”, e “Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT)”.
Investigadoras en esqueletos humanos
As Mulleres dos mortos é unha actividade organizada dentro do marco da rede «Consiliencia» (ED43D2017/08) e levada a cabo por min Olalla López Costas e máis Maria Loureiro.
Trátase dun conxunto de conferencias cunha temática común: dar a coñecer a labor investigadora en esqueletos humanos de contextos arqueolóxicos e forense, á vez que vos introducimos na vida das mulleres que están a liderar estes avances.Read More
Atópanos
- Avda. Lope Gómez de Marzoa s/n
15782. Santiago de Compostela. A Coruña.(Spain).
+34 647452760
+34 881813315
Buscar
Sobre este sitio
Somos un grupo de investigación internacional e especializado nas relacións entre humanos/animais e o ambiente, tanto no presente coma no pasado.