Equipo

Carlos David García Moreno

Carlos David García Moreno

Nome completo: Carlos David García Moreno
Categoría: Investigador predoctoral
Correo electrónico:
carlos_cd9@hotmail.com
carlosdavid.garcia@rai.usc.es
Correo postal:
Grupo EcoPast (GI-1553). Facultade de Bioloxía, Campus Vida. Avda. Lope Gómez de Marzoa s/n 15782. Santiago de Compostela. A Coruña

Son un arqueólogo nado en Mérida en 1995. Tras estudar a carreira de Historia da arte e Patrimonio Histórico Artístico na Universidade de Estremadura (Cáceres), introducinme no mundo da arqueoloxía realizando o máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad na Universidade de Santiago de Compostela. Interésame a rama da arqueometría e na parte do traballo de laboratorio con materiais arqueolóxicos. Concretamente o meu campo de estudo é o dos restos humanos, a chamada rama da osteoarqueoloxía. E como non podería ser doutro xeito, a época na que me desenvolvo é na da Hispania Romana, facendo honra á miña cidade natal.

Proxecto de tese “A memoria de Iulia Augusta Emerita: Antropoloxía física, paleopatoloxía, paleodieta e mobilidade”.

A memoria é a facultade psíquica por medio da cal se retén e lembra o pasado. Pola súa importancia como capital da Lusitania, o pasado de Emerita Augusta (actual Mérida) merece ser lembrado. Para recuperar a memoria dunha población esquecida podemos valernos de disciplinas como a osteoarqueoloxía, que permite reconstruír a vida diaria a través dos restos oseos humanos de contextos arqueolóxicos. Pertencen a este saber a paleopatoloxía ou os análisis de paleodieta e mobilidade mediante isótopos estables, os cales experimentaron un continuo crecemento a partir de finais do século XX. Con todo, en Estremadura ambas as metodoloxías non se empregaron de maneira extensiva. É por iso que imos centrar este traballo no análise dos restos óseos humanos inhumados e cremados (e animais) achados durante a ampliación do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida en 2017 (AD séculos I-V). Con eles poderemos reconstruír a antiga vida destes individuos a partir dos datos (macroscópicos e bioxeoquímicos) que nos proporcionan os esqueletos, e achegarnos a unha parte da población de Emerita Augusta baixo dominio romano.
Nesta tese doutoral profundízase nas variacións da alimentación durante a República e o Imperio Romano mediante unha recopilación bibliográfica de estudos isotópicos para pór a de Mérida no seu contexto. Farei unha aproximación á arqueoloxía funeraria e demográfica da poboación soterrada na necrópole do MARM, incluíndo a estimación do sexo e idade de forma cualitativa e cuantitativa, así como os ritos funerarios a partir do material fotográfico da excavación. Realizarei análisis de isótopos estables de C, N, S, O e Sr en dentes e ósos dos individuos desta necrópole coa fin de coñecer máis arredor dos patróns de alimentación e mobilidade da población. Identificarei os signos paleopatolóxicos e estimarei a estatura dos individuos inhumados co obxectivo de achegarnos ao estado de saúde. Por último, analizarei de forma detallada as cremacións achadas no xacemento para poder caracterizar os individuos e comparalos cos restos inhumados. A partir dos datos obtidos profundarase no coñecemento da vida nesta cidade repleta de historia.

Sobre nos

Somos un grupo de investigación internacional e especializado nas relacións entre humanos/animais e o ambiente, tanto no presente coma no pasado.

ONDE ESTAMOS
  • Avda. Lope Gómez de Marzoa s/n 15782. Santiago de Compostela. A Coruña.(Spain).
  • +34 647452760
    +34 881813315

Proxecto financiado por
Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google