Equipo
Nerea Piñeiro Juncal
Nome completo: Nerea Piñeiro Juncal
Categoría: Investigadora predoutoral
Correo electrónico:
nerea.piñeiro.juncal@rai.usc.es
Correo postal:
Grupo EcoPast (GI-1553). Facultade de Bioloxía, Campus Vida. Avda. Lope Gómez de Marzoa s/n 15782. Santiago de Compostela. A Coruña
Estudei bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. As miñas prácticas do grado as fixen en edafoloxía no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e o traballo de fin de grado no departamento de bioloxía celular da universidade. Finalmente, decanteime pola edafoloxía e contactei co grupo de investigación Ecopast co que comecei a colaborar mentres estudaba o mestrado en enxeñeria ambiental na mesma universidade. Na actualidade son estudante de doutoramento entre Ecopast e o grupo de Ecoloxía de Macrófitos Acuáticos do CSIC.
A miña tese céntrase no estudo da bioxeoquímica dos solos formados por fanerógamas mariñas, con especial atención os solos de Posidonia oceanica. A tese divídese entre o estudo das comunidades microbianas do solo e a súa relación con ciclo do carbono e os procesos xeoquímicos de formación do solo.
2018
Piñeiro-Juncal, N., Mateo, M.Á., Holmer, M., Martínez-Cortizas, A., 2018. Potential microbial functional activity along a Posidonia oceanica soil profile. Aquat. Microb. Ecol. 81, 189–200.