Equipo

Xurxo Pereira Martínez

Nome: Xurxo Pereira Martínez
Afiliación: EcoPast (GI-1553), Facultade de Xeografía e Historia – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigador predoutoral.
ORCID: 0000-0001-5407-5356
Researcher ID: AAN-7349-2021.
Correo electrónico: xurxo.pereira.martinez@rai.usc.es

O meu nome é Xurxo Pereira Martínez, nacín na Gándara (A Guarda, Pontevedra). Cursei o grao en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e posteriormente o mestrado de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na mesma universidade onde actualmente estou a realizar a miña tese de doutoramento. Participo como arqueólogo, en diferentes actividades como controis, prospeccións ou escavacións arqueolóxicas, centradas fundamentalmente na área galega.

O meu proxecto é o resultado dun traballo de investigación, que ten como principal marco territorial o noroeste da Península Ibérica, e que pretende realizar unha aproximación á construción social das diferentes paisaxes e espazos desta zona xeográfica, a través do estudo da cultura material prehistórica e protohistórica. O obxectivo transversal da miña investigación é realizar unha análise dos espazos de moenda e de representación no suroeste galego e o norte portugués, a través do rexistro e estudo sistemático dos Equipos de Moenda Rupestres (EMR), e as figuras de cuadrúpedes características da Arte Rupestre Atlántica. No ámbito deste traballo son esenciais o emprego das novas ferramentas dixitais como a fotogrametría e os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) así como o estudo do material arqueolóxico asociado a estes espazos.

2022

· Pereira-Martínez, X., Méndez-Quintas, E., Prieto Martínez, M.P. (2022) Los ídolos antropomorfos en el arte rupestre del noroeste peninsular: una revisión crítica a partir de nuevas evidencias. Complutum (2022), volumen 33-1.

· Pereira-Martínez, X., Méndez-Quintas, E., Prieto Martínez, M.P. (2022) Un elemento singular dentro de la Prehistoria Reciente del noroeste peninsular: los equipos de molienda rupestre. SPAL, Revista de Prehistoria y Arqueología.

2021

· Xurxo Pereira-Martínez (2021) Las representaciones de armamento en el noroeste peninsular. (Re)visitando el yacimiento de Agua da laxe (Pontevedra, Galicia). En Colóquio Internacional romper fronteiras, atravessar territórios. Identidades e intercâmbios durante a Pré-história recente no interior norte da Península Ibérica. Porto, 15, 16 e 17 de abril 2021.

· Rodríguez Pérez, H., Pereira-Martínez, X., Serodio Domínguez, A., Méndez-Quintas, E. (2021, e.p) Variabilidad en la organización espacial y constructiva de un asentamiento de la Edad del Bronce: el yacimiento Coto dos Mosquitos (Mos, Pontevedra). En CITCEM: Groupo de Investigação Territórios e Paisagens / Territory and Landscape Research Group. ROMPER FRONTEIRAS ATRAVESSAR TERRITÓRIOS Identidades e intercâmbios durante a Pré-história recente no interior norte da Península Ibérica. Porto.

2019

· Xurxo Pereira Martínez, Ramón Fábregas Valcarce (2019) Novos datos sobre a arte rupestre no Miño litoral. Gallaecia. http://dx.doi.org/10.15304/gall.38.5948

2021

· Proxecto de investigación: Sondaxes arqueolóxicas manuais no xacemento de Outeiro Lobado (Oia, Pontevedra). CT 102A 2021/360. Asesores Científicos: Eduardo Méndez Quintas, M. Pilar Prieto Martínez

· Comunicación “O estudo dos Equipos de Moenda Rupestres (EMR) a través das novas ferramentas dixitais”. Nas VII Jornadas de Arqueometría en Galicia. Entre lo ritual y lo mundano, celebradas os días 20 de outubro e 3 de novembro 2021. Universidade de Santiago de Compostela.

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google