Equipo
Carlos García Moreno
Nome: Carlos García Moreno
Afiliación: CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigadora predoutoral.
ORCID: 0000-0002-1764-8685
Correo electrónico: carlosdavid.garcia@rai.usc.es

Son un arqueólogo nado en Mérida en 1995. Tras estudar a carreira de Historia da arte e Patrimonio Histórico Artístico na Universidade de Estremadura (Cáceres), introducinme no mundo da arqueoloxía realizando o máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad na Universidade de Santiago de Compostela. Interésame a rama da arqueometría e na parte do traballo de laboratorio con materiais arqueolóxicos. Concretamente o meu campo de estudo é o dos restos humanos, a chamada rama da osteoarqueoloxía. E como non podería ser doutro xeito, a época na que me desenvolvo é na da Hispania Romana, facendo honra á miña cidade natal.
Proxecto de tese “A memoria de Iulia Augusta Emerita: Antropoloxía física, paleopatoloxía, paleodieta e mobilidade”. A memoria é a facultade psíquica por medio da cal se retén e lembra o pasado. Pola súa importancia como capital da Lusitania, o pasado de Emerita Augusta (actual Mérida) merece ser lembrado. Para recuperar a memoria dunha población esquecida podemos valernos de disciplinas como a osteoarqueoloxía, que permite reconstruír a vida diaria a través dos restos oseos humanos de contextos arqueolóxicos. Pertencen a este saber a paleopatoloxía ou os análisis de paleodieta e mobilidade mediante isótopos estables, os cales experimentaron un continuo crecemento a partir de finais do século XX. Con todo, en Estremadura ambas as metodoloxías non se empregaron de maneira extensiva. É por iso que imos centrar este traballo no análise dos restos óseos humanos inhumados e cremados (e animais) achados durante a ampliación do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida en 2017 (AD séculos I-V). Con eles poderemos reconstruír a antiga vida destes individuos a partir dos datos (macroscópicos e bioxeoquímicos) que nos proporcionan os esqueletos, e achegarnos a unha parte da población de Emerita Augusta baixo dominio romano. Nesta tese doutoral profundízase nas variacións da alimentación durante a República e o Imperio Romano mediante unha recopilación bibliográfica de estudos isotópicos para pór a de Mérida no seu contexto. Farei unha aproximación á arqueoloxía funeraria e demográfica da poboación soterrada na necrópole do MARM, incluíndo a estimación do sexo e idade de forma cualitativa e cuantitativa, así como os ritos funerarios a partir do material fotográfico da excavación. Realizarei análisis de isótopos estables de C, N, S, O e Sr en dentes e ósos dos individuos desta necrópole coa fin de coñecer máis arredor dos patróns de alimentación e mobilidade da población. Identificarei os signos paleopatolóxicos e estimarei a estatura dos individuos inhumados co obxectivo de achegarnos ao estado de saúde. Por último, analizarei de forma detallada as cremacións achadas no xacemento para poder caracterizar os individuos e comparalos cos restos inhumados. A partir dos datos obtidos profundarase no coñecemento da vida nesta cidade repleta de historia.
2021
· Estancia curta de investigación na Stockholm Universitet.