Equipo
Clara Veiga Rilo
Nome: Clara Veiga Rilo
Afiliación: CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigadora predoutoral Becaria Diputación de A Coruña.
Programa de doutoramento: Medioambiente e Recursos Naturais, USC.
ORCID: 0000-0001-9349-6540
Correo electrónico: clara.veiga@rai.usc.es

Estudei o Grado de Arqueoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona (Cataluña, España). Despois, fixen un Mestrado na Universidade de Granada (Andalucía, España) en Antropoloxía física e forense (principalmente sobre osteoloxía de diferentes cronoloxías). O meu traballo de fin de máster foi sobre o estado de saúde durante a infancia na prehistoria utilizando patoloxías dentais específicas como marcadores (a hipoplasia de esmalte – proporciona información sobre episodios de estrés metabólico durante a infancia) nunha poboación calcolítica. Actualmente, estou desenvolvendo a miña investigación douctoral na Universidade de Santiago de Compostela (CRETUS – EcoPast). Principalmente, estou enfocada no estudo dos dentes (e aspectos relacionados con eles como poden ser os cálculos dentais) para a análise de 7 patróns de dieta diferentes (os cales abarcan diferencias no ambiente, xestión dos recursos, etc).
A presente tese doctoral pretende realizar un estudo da patoloxía oral e unha análise do cálculo dental (isótopos estables e microrestos) en individuos de varias necrópoles medievais e modernas, co fin de detectar patróns dietéticos. As pezas dentais son os únicos elementos esqueléticos do corpo humano expostos externamente e, polo tanto, acumulan unha gran cantidade de información, en forma de lesións e elementos depositados na súa superficie. As necrópoles seleccionadas atópanse ubicadas no NO da Península Ibérica – siglos IV-XVII d.C. – e son consideradas un referente pola gran cantidade de informaicón dispoñible sobre o estado de saúde (estudos paleopatolóxicos xerais) e a dieta (análises de isótopos estables en coláxeno). Emperes, o estudo da paleopatoloxía oral destas coleccións inda non se abordou en detalle, e as análises xeoquímicas e de microrestos en cálculos dentais son completamente novas. A novidosa información que se obterá nesta tese doutoral permitiranos aproximarnos ós patróns de alimentaicón, saúde e modificacións nas estratéxias de subsistencia das poboacións estudadas a nivel intra e intergrupal, así como abordar a posible relación cos cambios medioambientais.
2021
· Estancia curta de investigación na Aberdeen University (01/09/2021-30/11/2021): para unha capacitación en extracción e identificación de polen e palinomorfos non polínicos a partir de cálculos dentais e mostras de solo.