Equipo
Elvira Mangas Carrasco
Nome: Elvira Mangas Carrasco
Afiliación: CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigadora Predoutoral Becaria Sabadell 2020.
ORCID: 0000-0001-9962-1365
Correo electrónico: elvira.mangas@rai.usc.es

A miña formación universitaria comezou co Grao en Historia, que obtiven pola Universidad de Salamanca. Despois disto, realicei o Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade na Universidade de Santiago de Compostela. O meu Traballo de Finde Máster para obter esta titulación centrouse na materia de Osteoarqueoloxía. No ano 2019 comencei a miña tese doutoral titulada la tesis doctoral titulada Identidade infantil: alimentación, saúde e crecemento postnatal a través de esqueletos medievais da Península Ibérica. Dende o ano 2016 veño participando regularmente en distintas actividades dentro do ámbito arqueolóxico: excavaciones arqueolóxicas en xacementos de varias cronoloxías, catalogación de pezas arqueolóxicas, obradoiros didácticos, etc. Sobresae la participación no comité organizador das I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio, organizadas por Arq.Fem Arqueoloxía Feminista (2019) e financiadas pola rede Consiliencia.
Identidade infantil: alimentación, saúde e crecemento postnatal a través de esqueletos medievais da Península Ibérica A tese dedicarase ao estudo das condicións de vida e identidade dos individuos infantís e xuvenís da Península Ibérica na Idade Media a través dos restos óseos. Para iso, realizaremos unha serie de exames e análises (paleopatolóxico, de isótopos estables para aproximarnos á alimentación e de crecemento) en restos conservados de subadultos e adultos. Estes últimos conservan marcas patolóxicas, secuelas e tecidos formados durante o crecemento e deben ser considerados como “os nenos que sobreviviron ata a madurez”. A poboación que centrará o estudo será a galega, debido á existencia de coleccións ben caracterizadas, con abundante información documental e de fácil acceso no nóso laboratorio, pero contaremos cos individuos de necrópoles doutras zonas da Península Ibérica, como Madrid e Andalucía, en aras dunha comparación o máis rigorosa posible. Con esta mostra desenvolveranse tres fases que nos permitirán ir ampliando o noso coñecemento sobre os individuos subadultos e as condicións de vida que lles rodeaban e que condicionaron/ contextualizaron a súa existencia. Utilizando os datos obtidos aproximarémonos á identidade destes individuos como grupos social, como grupo dentro da comunidade.