Equipo
María Losada Cuquejo
Nome: María Losada Cuquejo
Afiliación: CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigadora predoutoral.
Programa de doutoramento: Medioambiente e Recursos Naturais, USC.
ORCID: 0000-0002-5778-282X
Membership: AEET, SIBECOL, ATBC.
Web-site: ResearchGate
Correo electrónico: maria.cuquexo@gmail.com

Comecei no mundo da investigación mentres cursei a licenciatura en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela), colaborando como asistente de laboratorio e de campo co grupo de Ecoloxía Evolutiva de Plantas (GI-1287, USC) no proxecto “Polimorfismo del color, variación geográfica en las interacciones y selección fenotípica. El caso de Gentiana lutea en la Cordillera Cantábrica”. En 2015 defendín a miña tese de licenciatura, enfocada no papel selectivo de polinizadores e hervívoros na variación da cor floral da planta de montaña Gentiana lutea L. Como resultado obtiven o Premio Extraordinario de Licenciatura en Bioloxía e 3 publicacións científicas. En 2016 cursei o Mestrado en Biodiversidade e Bioloxía da Conservación na Universidade Pablo de Olavide (Sevilla) onde colaborei co Departamento de Ecoloxía Evolutiva da Estación Biolóxica de Doñana (EBD-CSIC) e defendín o meu traballo final de máster sobre Asignación diferencial por sexos e consecuencias da poligamia social e a calidade parental na fitness das crías de Ficedula hypoleuca nunha poboación ibérica (La Hiruela, Madrid). Así mesmo, teño colaborado noutros proxectos de investigación na Estación Biolóxica de Doñana (EBD-CSIC), na Universidade de Costa Rica e a Organización para Estudos Tropicais (OTS, Costa Rica), no centro de rescate de fauna silvestre CERAS (Asociación Quercus, Portugal), e traballado para a consultoría ambiental en Galicia. En 2020 comecei a miña tese doutoral para estudar os efectos da biodiversidade no ciclo bioxeoquímico do carbono, colaborando no grupo EcoPast (GI-1553, USC), Universidade de Santiago de Compostela.
Recentemente demostrouse unha relación causal entre a diversidade de mamíferos e a acumulación de carbono nos solos amazónicos, que está mediada polos restos orgánicos xerados a través de interaccións tróficas. A miña tese doutoral ten como obxectivo investigar máis a fondo o papel ecolóxico que desempeñan as comunidades de mamíferos e árbores no ciclo bioxeoquímico do carbono. Combino datos observacionais de fauna e flora en 4.800.000 ha de bosque tropical da Amazonía (Guyana) con datos obtidos mediante técnicas analíticas en laboratorio, para estudar como a composción molecular das mostras de solo (espectroscopía FTIR-ATR) varía dacordo á diversidade de comunidades de mamíferos e árbores (riqueza de especies e diversidade funcional) e a actividade microbiana do solo (EcoPlates), para axudarnos a comprender os mecanismos que regulan a relación causal atopada entre a diversidade e o carbono acumulado no solo, e así, tomar mellores decisións sobre a conservación e restauración dos ecosistemas no contexto do cambio global.
2017
· Javier A. Guitián, Mar Sobral, Tania Veiga, María Losada, Pablo Guitián, José Guitián (2017) Differences in pollination success between local and foreign flower color phenotypes: a translocation experiment with Gentiana lutea (Gentianaceae).. PeerJ. https://doi.org/10.7717/peerj.2882
2016
· Mar Sobral, María Losada, Tania Veiga, Javier A. Guitián, José Guitián, Pablo Guitián (2016) Flower color preferences of insects and livestock: effects on Gentiana lutea reproductive success.. PeerJ. https://doi.org/10.7717/peerj.1685
2015
· María Losada, Tania Veiga, Javier A. Guitián, José Guitián, Pablo Guitián, Mar Sobral (2015) Is there a hybridization barrier between Gentiana lutea color morphs?. PeerJ. https://doi.org/10.7717/peerj.1308
2021
· Presentación Oral: VIII Encontro da Mocidade Investigadora – EMI (EDIUS-USC, Maio 26-28, online) (link).
· Conferencia invitada: Curso de Verán “Cambio Global e Seguridade Humana” (EcoPast-USC, Xuño 23-25, Santiago de Compostela, España) (link).
· Presentación Póster: V Simposio de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS-USC, Septembro 23, Santiago de Compostela, España) (link).
· Presentación Oral: XV Congreso Nacional da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET, Outubro 18-21, Plasencia, España) (link).
2020
· Co-produción de vídeo de divulgación: “Nosotros, los bichos y la globalización” (ISAN 0000-0005-B711-0000-F-0000-0000-T).
· Asitente e parte do Comité de estudantes: Women in Science-Ecology (WISE) (AEET, EcoPast – USC, Museum für Naturkunde Berlin, Novembro 4-6, online) (link).
· Conferencia invitada: IV Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN, Novembro 28, online) (link)