Equipo
Marta Colmenares Prado
Nome: Marta Colmenares Prado
Afiliación: CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigador predoutoral.
ORCID:
Correo electrónico: martapurificacion.colmenares@rai.usc.es

Entre 2015 e 2019 estudei o grao de bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nesta mesma universidade cursei un mestrado en educación o rematar o grao. Despois diso, fixen o mestrado en Antropoloxía física e forense na Universidade de Granada (UGR). De setembro a novembro do 2021 traballei nun proxecto de iniciación a investigación, financiado polo CRETUS, no que estudei a presenza de metais pesados no solo dun cemiterio que se atopaba preto dunha mina de plomo. Actualmente estou facendo un doutorado na composición bioquimica de tecidos de momias e materiais de momificación na USC.
O estudo bioquímico das momias pode proporcionar información clave para entender o proceso de momificación. O obxectivo principal desta tese doutoral é crear un protocolo co que sistematizar o estudio bioxeoquímico das momias. Con isto en mente, imos analizar unha colección de momias exipcias das que tememos mostras de pel, músculo, óso, dentes, lingua, bálsamo de momificación e vendaxes. Polo que, imos empregar un amplo rango de técnicas analíticas: microscopía dixital, microscopía electrónica (SEM), espectroscopía de infravermello (FTIR-ATR), fluorescencia de raios-X (micro-XRF), espectrometría de masa con plasma acoplado inductivamente (ICP-MS), pirólisis acoplada a espectrometría de masas/cromatografía de gases (Py-GC/MS), análises directos de mercurio (DMA), e análises de estroncio (87Sr/86Sr) e oxígeno (δ18O). O que buscamos é: i) coñecer a composición dos bálsamos; ii) coñecer o proceso de momificación, a través do estudo dos distintos tecidos; iii) coñecer a distribución espacial dos compoñenetes nos bálsamos e os tecidos; iv) os compostos específicos e a súa distribución nos tecidos (Hg); v) elaborar un protocolo para estudos de isótopos estables, para poder coñecer a mobilidade de individuos momificados artificialmente. Por último, imos empregar este protocolo en momias naturais e artificiais doutras áreas xeográficas e contextos cronolóxicos.