Equipo

Noemi Álvarez Fernández

Nome: Noemi Álvarez Fernández
Afiliación:
1Boscalia Technologies.
2CRETUS – EcoPast (GI-1553), Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría: Investigadora predoutoral.
Programa de doutoramento: Medioambiente e Recursos Naturais, USC.
ORCID: 0000-0003-2690-4051
GitHub: https://github.com/noemiallefs
WebSite: noemiallefs_meet_me
Correo electrónico: n.alvarez.fernandez@usc.es

Noemí Álvarez

Graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante o grao fixen prácticas en Antropoloxía Física na Universitat Autònoma de Barcelona e en Edafoloxía na USC. Como traballo de fin de grao levei a cabo un estudo espectrocópico con FTIR-ATR de sedimentos de matas de Posidonia sp. de Garden Island (Australia). Posteriormente, realicei un Mestrado en Bioinformática e Bioestatística na Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Onde fixen as miñas prácticas na USC desenvolvendo un programa para o procesado de datos de espectroscopía e un prototipo web. Como traballo de fin de mestrado estudei a aplicación de algoritmos de Machine Learning para a predicción do sexo a partir de restos esqueléticos para a súa aplicación nas ciencias forenses (link), en colaboración entre a Universitat de Barcelona e a UOC. Actualmente, estou levando a cabo a miña investigación predoutoral na USC (CRETUS – EcoPast) onde estudo a realción entre actividade humana, ciclo do mercurio e saúde pública. Ademáis, tamén dedico parte do meu tempo á programación e de forma paralela a miña tese desenvolvín un paquete para o procesado de datos espectroscópicos {andurinha} dispoñible no repositorio oficial de R (CRAN).

A miña investigación predoutoral centrase no estudo da relación estre os humanos e o mercurio. Este elemento é un metal contaminante distribuído por todo o planeta e está considerado de especial risco para a saúde pública pola OMS. Para entender como nos afecta temos que coñecer o seu ciclo natural. Dada a importancia do “mercurio herdado” – aquel que se liberou no pasado pero que segue tendo unha repercusión no presente – os estudos de paleo-contaminación son fundamentais. As actividades humanas levan perturbando o seu ciclo polo menos dende o AC 3250 (S Península Ibérica). Ata o momento leváronse a cabo diversos estudos sobre como as actividades humanas modificaron os niveis deste metal en distintos ecosistemas. Pero, como afectaron estas perturbacións as propias poboación humanas? E, como podemos estudar este impacto? Para contestar estas preguntas, neste proxecto de investigación estudamos os restos arqueolóxicos humanos de poboacións antigas.

2021

· Noemi Álvarez-Fernández, Antonio Martínez Cortizas, Zaira García-López, Olalla López-Costas (2021) Approaching mercury distribution in burial environment using PLS-R modelling. Scientific Reports. https://doi.org/10.1038/s41598-021-00768-8

· Antonio Martínez Cortizas, Jenny K. Sjöström, Eleonor E. Ryberg, Malin E. Kylander, Joeri Kaal, Olalla López-Costas, Noemi Álvarez Fernández, Richard Bindler (2021) 9000 years of changes in peat organic matter composition in Store Mosse (Sweden) traced using FTIR-ATR. Boreas. https://doi.org/10.1111/bor.12527

2020

· Noemi Álvarez-Fernández, Antonio Martínez Cortizas and, Olalla López-Costas (2020) Atmospheric mercury pollution deciphered through archaeological bones. Journal of Archaeological Science. https://doi.org/10.1016/j.jas.2020.105159

· Olalla López-Costas, Malin Kylander, Nadine Mattielli, Noemi Álvarez-Fernández, Marta Pérez-Rodríguez, Tim Mighall, Richard Bindler, Antonio Martínez Cortizas (2020) Human bones tell the story of atmospheric mercury and lead exposure at the edge of Roman World. Science of The Total Environment. https://doi.org/10.1016/j.scitotenv.2019.136319

2021

· EAA Annual Meeting (link), EAA. Voluntaria.
· Estancia curta de investigación na Stockholm Universitet.

2020

· Women in Science (link), EcoPast. Comité estudantes.

2019

· I Xornadas de Xénero Arqueoloxía e Patrimonio en Galicia (link), ArqFem e Rede Consiliencia. Comité organizador.
· Curso de Verán de Bioarqueoloxía (link), EcoPast. Secretaria.
· VII Econtro da Mocidade Investigadora, USC. Comité organizador.
· As Mulleres dos Mortos (link), EcoPast. Comité organizador.

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google