IV, V, VI e VII “Jornadas de Arqueometría de Galicia”
Santiago de Compostela (setembro-novembro 2017, 2018, 2019, 2021). Organizadores do grupo : Pilar Prieto Martínez, Antonio Martínez Cortizas.
Estas xornadas preocúpanse pola divulgación da investigación desenvolta nestes ámbitos científicos, nun ámbito especializado e formativo, seguindo as actuais tendencias do que se denominou sociedade do coñecemento.
Frente ó enfoque monográfico da primeira edición e ó enfoque mutidisciplinar da segunda, na que se recolleron as aportacións de especialistas da xeografía, a química, a bioloxía, a antropoloxía física, a arqueoloxía da arquitectura, a arqueoloxía do paisaxe e a física. A cuarta estivo centrada na reconstrucción do período medieval e postmedieval, a quinta no asentamento e a ocupación humana, a sexta na arqueoloxía histórica e a sétima en aspectos rituais e mundanos os que nos podemos aproximar cá arqueometría.
As Jornadas de Arqueometría en Galicia son unha acción estratéxica da REDE CONSILIENCIA, financiadas pola Axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia (ref. R 2014/001) outorgada pola Xunta de Galicia. Contan cá colaboración de GalicianArchaeoPot e o proxecto Isótopos de Pb e Sr en cerámicas arqueolóxicas de Galicia: estudo da procedencia e acceso ás materias primas. Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.