Investigadoras en esqueletos humanos
As Mulleres dos mortos é unha actividade organizada dentro do marco da rede «Consiliencia» (ED43D2017/08) e levada a cabo por min Olalla López Costas e máis Maria Loureiro.
Trátase dun conxunto de conferencias cunha temática común: dar a coñecer a labor investigadora en esqueletos humanos de contextos arqueolóxicos e forense, á vez que vos introducimos na vida das mulleres que están a liderar estes avances.As nosas poñentes son investigadoras de recoñecidísimo prestixio internacional que lideran empresas e grupos de investigación. Todas elas con moitos anos de experiencia e unha grande paixón polo que fan. Tratamos de mostrar o variado que son estos estudos na maneira de facelos pero tamén nos esqueletos analizados, dende as momias ao ADN, enfermidade, o traballo a pé de escavación ou os esqueletos dos nenos.