Sondaxes arqueolóxicas manuais no xacemento de Outeiro Lobado (Oia, Pontevedra).
Co obxectivo de tentar caracterizar mellor os espazos prehistóricos de moenda no noroeste peninsular, procedeuse a levar a cabo unha intervención arqueolóxica no entorno nun dos Equipos de Moenda Rupestres (EMR) estudados, co obxectivo de tentar caracterizar mellor este tipo de estruturas. Esta intervención arqueolóxica é promovida polo grupo de investigación EcoPast GI-1553 da Universidade de Santiago de Compostela, e enmárcase no ámbito do estudo dunha tese de doutoramento centrada nos Equipos de Moenda Rupestres no noroeste peninsular.
O lugar escollido foi Outeiro Lobado, un xacemento que non contaba cá catalogación arqueolóxica da DXPC, e que fora recentemente localizado por un grupo de afeccionados locais (José Álvarez Alonso e Cándido Verde). O xacemento en cuestión, localízase na parroquia de San Miguel de Viladesuso, situada no Concello de Oia, e emprázase no denominado como Outeiro Lobado. Este sitúase entre os ríos de Mougás e de Viladesuso que delimitan en certa medida o outeiro, que se atopa no entorno dunha área de pouca pendente.
A particularidade do EMR documentado neste lugar, era a súa situación á entrada de varios abrigos situado no mesmo outeiro, e o seu emprazamento próximo a elementos arqueolóxicos como a necrópole de mámoas do Areeiro ou os petróglifos de As Veigas, Chan de Lobado e o Campo do Feno.
O tipo de actividade arqueolóxica proposta consistiu nunhas sondaxes arqueolóxicas, encamiñadas a comprobar a existencia do xacemento arqueolóxico, delimitalo e recoñecer a súa estratigrafía, tendo como área de traballo a escavación dos dous abrigos documentados. Ademais, levouse a cabo unha limpeza, prospección e levantamento fotogramétrico dos abrigos escavados (https://skfb.ly/ooZoB)